Edición en Galego (beta) Edición móvil Blogs
Sábado, 28 de enero de 2012 - 4:51 h
Luisa Castro
Escritora
24-06-2009 02:34

O galego, o PP e Feijóo

Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 37 voto/s
12 Comentarios
 
Chuza! Meneame Tuenti LinkedIn del.icio.us Google

Vintenove millóns de euros para Política Lingüística e Feijóo segue dando os discursos mitade en galego mitade en castelán. ¿En qué se van invertir eses vintenove millons de euros? Hai unha incongruencia nese modo de proceder. Non pode ser que unha comunidade con lingua propia, que fala e usa habitualmente máis da metade da poboación, unha comunidade cunha dotación económica importante para a Corporación de Radiotelevisión de Galicia e para Política Lingüística, malbarate todo ese diñeiro e os esforzos inxentes de tantos profesionáis do periodismo e da educación en trasladarlle a xente a mensaxe subliminal de que o galego é unha lingua sen utilidade, un idioma para as ceremonias e pouco máis. Un estorbo, en definitiva.
Un estorbo que hai que agochar debaixo da capa, pero que non convén exhibir demasiado nin na rua nin nas salas dos médicos, non vaia ser que alguén se sinta menospreciado. Non pode ser que a nosa identidade se vaia desgaleguizando a pasos de xigante. É imposible sobrevivir como un pobo culto, como unha sociedade moderna, se deixamos que o noso idioma pase dese estado de lingua protexida ao de lingua morta.
Para iso non se precisan vintenove millóns de euros. Se o que quere o PP é acabar coas linguas de España, co galego, co catalán e co euskera, debería empezar por rexeitar esa dotación económica e aplicala a outros menesteres, e deixar que as nosas linguas esmorezan nas nosas mans, sen esa costosa eutanasia pasiva que está a recibir o galego desde que existe a Xunta. Se os nosos representantes políticos non asumen unha identidade que nos presenta ante o mundo e nos da sentido como comunidade legalmente diferenciada, ¿qué podemos esperar?
Recibín, coma moitos pais, a  enquisa sobre o galego na escola.  Podemos dar moitos pasos atrás na competencia dos nosos fillos sobre o idioma, pero non podemos condenar o galego a ser unha lingua de élites culturáis, de ritos folklóricos ou de uso residual. Unha lingua que moita xente se avergoña de ter que aprender ou que usar. Iso convertiríanos á vista de todos e ante nós mesmos nun pobo desaparecido, nunha xente sen dirección.
Chamarnos galegos e non saber empregar a nosa lingua, rexeitala, esquencela, é tanto coma chamarse español e non saber conxuga-los verbos. Vintenove millóns de euros dan para vintenove pisos de luxo. Según se mire é moito ou é pouco. Unha fortuna desperdiciada en idioteces para algúns. Para outros unha gota de auga que non da para regar unha erva. Pero hai cousas que o diñeiro non resolve  se non se teñen claras  outras cuestións. Tirar pola ventana o noso patrimonio mentras gastamos os cartos en pintar a fachada non parece a mellor política. Primeiro hai que reparar goteiras, gretas e estructuras. Sentirnos comunidade é saber que hai prioridades, e a competencia sobre o galego é un déficit que clama ó ceo, e o rechazo, a deserción, a indiferencia ou o desapego que inspira en tanta xente, algo que convén mirar.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Para Mutenrohi y Mourente
2009-06-25 17:43:58
Mutenrohi, andas algo tímido últimamente, tiras la piedra y escondes la mano y no aportas nada al debate. Te diré que para nada escucho a Fede, por lo que no se si fede o no fede, aunque si conozco su estilo. A ti quizás te guste más Tardá, Carod o Bautista Alvarez. Mourente: Tu solo valoras para no ser cateto el conocimiento que se tenga del gallego, lo demás que se sepa no importa. Quizás sea lo único que sabes, debido a un curso rápido que hiciste para que te enchufaran con el bipartito. Siendo asi ¿quien es mas cateto?, además tu tambien usas mal la palabra "país", por lo que creo que poco sabes de historia y de geografía, pero bueno, como tienes tu fe, te consideras capaz de corregir a los demás
2
Nostrus espabila
2009-06-25 10:12:33
Nostrus...ti non te enteras de nada, verdade?? Tanto escoitar a fede e a Gloria, reblandece as neuronas.
3
Para Miriam, por su sentido comun
2009-06-25 00:11:19
Muy de acuerdo contigo Miriam, mejor articulo el tuyo que el de la periodista
4
Miriam, non corrixas tendo tantos erros
2009-06-24 23:49:38
Sra Miriam, demostras co teu texto inzado de erros de todo tipo o precario que foi o teu ensino en galego, como o de moitos, porque así se quixo nas escolas, porque non se foi rigoroso, porque segue a ser unha lingua desprezada e porque semella que se pode ser benévolo coas faltas en galego e cando se fai o mesmo en castelán ése un burro e un cateto. Castelanismos como "nadie", erros tan gordos na colocación do pronome, verbos mal conxugados (o perfecto de dar é "dei", así que supoño que por esta variante dialectal non normativa, supoño que serás do norte do país) Pois para min é o mesmo, ter erros en galego e castelán denota o mesmo problema, eiva na educación, pero imos alén diso... evidencias o complexo de tantos milleiros de galegos dando por inútil a súa lingua en termos de sacala fóra, pero quen fala diso? Ademais, como apunte direi que infelizmente o bipartito foi morno, moi pouco botado para adiante según para que cousas, e é triste que moitos teñan a percepción da imposición cando aqui non se impón mais que o de sempre, o castelán, e a proba é a perda de falantes, a perda de transmisión xeracional, causada por ese complexo que non sae de nós e que se renova con xente moza coma ti... mágoa de país que non se recoñece a si mesmo.
5
tampouco creo q sea pa tanto
2009-06-24 22:53:33
eu creo q esta publicación é un pouco esaxerada. eu son galego-falante, sintome orgulloso de saber falalo e non m sinto avergoñada por iso, toda a miña vida din clase en galego e en castelán e non por iso o falo peor, o q non entendo é esa efervescencia q saiu ahora co galego, claro que os nenos teñen q saber falar galego. ahora o que m parece unha estupides e q nos colexios teñan que dar todo en galego e 1 asignatura ou dúas en castelán, aparte de galegos somos españois e teiste q defender nas duas linguas, porq vas fora d Galicia e falaslle galego ás xente? me parece a min q esta efervescenza é excesiva, se o galego non morreu na época d franco menos vai morrer agora, e que cada un fale a lingua que queira, que nadie ten que impoñer a lingua q a xente quere falar.!!! ahh señora periodista, non e ventana dícese ou ventá ou fiestra,( mira son capaz de corrixila e iso q cando estudaba no colexio daba 3asignaturas en galego e 5 en castelán ) o que non se pode facer é mareas tanto á xente como mareou o bipartito q tanto quixeron facer que non fixeron nada, ahhh si complicar as cousas, segun o bloque hai q labralas veigas!!!! veña todos po campo
6
Xa é demasiado tarde
2009-06-24 19:52:14
O PP gañou a batalla ideolóxica e consegiu que a maior parte do corpo social asuma a "imposición" do galego, a defensa do que din "liberdade lingüística", a idea da non utilidade do galego....... é dicir, o que interesa a Madrid (e non a Galicia, pero ese é outro tema). Como creo coñecer a realidade galega, como sempre fun consciente de que moitos séculos de historia levaron asentaron firmemente na mente dos galegos a idea de que falar galego é de paletos e atrasado, sempre pensei que a solución era, nos inicios da autonomía, establecer o modelo lingüístico vasco na educación. Pensaba que só así se demostraría que os nenos e nenas bilingües tiñan resultados superiores aos monolingües (como é certo, e seino por experiencia), e á larga os centros en galego atraerían a máis xente, como está a suceder no País Vasco onde os inmigrantes queren ir ás ikastolas polo seu prestixio. Apostamos por outra vía e só serviu para que os que defendiamos o galego tiveramos que aguantar un ensino en castelán para os nosos fillos e tiveramos que asistir á progresiva desaparición do galego das nosas cidades e vilas, a non poder vivir en galego e, por riba, agora isto. Só se me ocorre crear escolas en galego de tipo privado como medio de demostrar que os nenos galegofalantes sacan matrículas, poden acceder a carreiras que esixen 9 de media, e dominan 2, 3, 4 e ata 5 idiomas (é o caso dos meus fillos), e poden estudar en Madrid, en Italia, en Francia, en EE.UU ou en Alemaña,, e por suposto, en Galicia (ainda que en castelán) En calquera caso, resulta patético que un pobo que emigrou tanto, que en pouco tempo aprendeu linguas diferentes, rexeite tanto que os seus fillos aprendan a súa lingua. Debe ser un caso único na historia.
7
a feijoada de Feijoo
2009-06-24 17:06:53
Qué vergonha que chegara a ser presidente da "Xunta" semelhante personage. Todo o mais de que é capaz é de copiar as teorias do nacionalismo espanhol mais ranzoso e macilento.
8
coma os cangrexos
2009-06-24 13:37:28
Calquera profesional da educación dirá canto de importante é que os nenos coñezan ben o/-s seu/-s idioma/-s materno/-s. sólo así os nenos teñen o terreo abonado para poder asimilar millor os contidos do que estuden. Cantos mais idiomas mellor (eso o saben ata os tontos). Pero este Goberno non pode presumir de que lle interese moito a cultura, nin o nivel cultural das persoas ás que quere dominar electoral e moralmente. Así temos o que temos, así nos vai, e peor que nos vai a ir, porque en breve teremos aínda unha maior porcentaxe de xente que non sabe falar en galego -nin en castelán-, e xente que lee pero non entende o que lee, nin en galego -nin en castelán-. Teremos unhas xeracións de rapaces que haber quén lles explica que a cultura importa, pero que o idioma non... e seguiremos sendo a comunidade mais paleta... pero encantados. Por outro lado, tamén é certo que temos o que merecemos, porque estes señores están áhí porque alguén os votou (por moito que o neguen).
9
Galego de meu, galego de teu, o galego que me saia
2009-06-24 12:37:47
...e por certo, revisa o teu galego porque está inzado de castelanismos e algún que outro hiperenxebrismo ou se cadra, tanto que refugades algúns, un termo considerado lusismo polos "garantes da lingua", como "erva", eis o lonxe que estamos da total consciencia e competencia plena en galego, reparas? O dano que fixeron as NOMIG a estas alturas parece irreparábel se a xente nin tan sequer as respeita ou coñece, tanto que nos achegaron ao castelán é a súa sentenza prematura de morte. Eu escribo en normativo pq é a miña referencia educativa, e revísoa constantemente para non me afastar de quen legalmente está obrigado a normativizar e estandarizar o galego chamado padrón. Sen embargo,as lecturas do egrexio Carvalho Calero estanme a abrir os ollos a min e a moitos outros, amplitude de perspectivas é sinónimo de capacidade crítica. Ánimo na defensa, no uso e na protección, non estamos sos nisto.

1 |     

Título:
Comentario:
Nick:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
publicidad